Ésta e outras bacterias son necesarias para o funcionamento correcto do proceso dixestivo, ademáis de producir as vitaminas B e K. É un bacilo que reacciona de forma negativa á tinción Gram, é dicir, é unha bacteria Gram negativa; é anaerobia facultativa, móbil por flaxelos perítricos que arrodean o seu corpo, non forma esporas e é capaz de fermentar a glicosa e a lactosa.
É unha bacteria utilizada moi frecuentemente en experimentos de xénetica e bioloxía molecular. Esta bacteria en individuos sanos, é dicir, se a bacteria non adquire elementos xéneticos que codifiquen factores virulentos, actúa coma un comensal formando parte da flora intestinal e axudando á absorción de nutrientes. A Escherichia Coli coloniza o tracto gastrointestinal dun neonato adheríndose ás mucosidades do intestino groso no plazo de 48 horas tras a primeira comida.
A maioría das cepas de este microorganismo son inocuas e viven nos intestinos de seres humanos e animais, pero a cepa Escherichia Coli O157:H7 produce unha potente toxina e pode causar enfermidades graves como o síndrome urémico hemolítico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario