A psoriasis é moi común e pode padecela calquera, pero polo xeral preséntase enrtre os 15 e os 35 anos. Non é contaxiosa, polo que non se pode propagar a outras persoas. Parece ser un transtorno hereditario.
Polo xeral as células cutáneas medran no profundo da pel e soben ata a superficie aproximadamente unha vez o mes. En persoas con psoriasis, este proceso é demasiado rápido e as células cutáneas mortas acumúlanse na superficie da pel.
Os seguintes factores poden desencadear un ataque de psoriasis o facer que a afeción sexa máis complexa de tratar:
- Infecións bacterias ou virais, como a farinxitis estreptocócida e infecións das vías respiratorias altas.
- Aire ou pel seca.
- Lesión na pel, como cortaduras, queimaduras e picaduras de insectos.
- Alguns medicamentos, entre eles antupalúdicos, betabloqueadores e litio.
- Estrés.
- Moi pouco luz.
- Exceso de luz solar (queimaduras solares).
- Exceso de alcohol.
TIPOS:
- Eritrodérmica: o enroxecemento da pel é moi intenso e cobre unha área grande.
- En gotas (guttata): aparecen pequenas manchas entre vermellas e rosadas na pel.
- Inversa: o enroxecemento e irritación da pel ocorre nas axilas, nas ingles e entre a pel superposta.
- En placa: parchos de pel vermellos e grosos cubertos pro escamas platexadas e brancas. Este é o tipo máis común.
- Pustular: ampoias brancas rodeadas de pel vermella e irritada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario