Para que o herpes xenital sexa diagnosticado, o médico fará varias probas no laboratorio, xa que este virus non se detecta a simple vista.
Unha proba de sangue non pode indicar se unha persoa pode infectar a outra con este mal, pero si nos pode indicar si a persoa contraeu o virus previamente.
O tratamento contra o herpes xenital é moi prolongado e non ten cura en si, sen embargo a medicación antiviral pode aliviar a dor e a molestia durante un brote, ó sandar as úlceras con máis rapidez. Existen diferentes medicamentos, que usualmente son recomendados polos médicos para o tratamento sintomático:
ACICLOVIR: encargado de tratar os brotes iniciais.
FAMCICLOVIR: encargado dos episodios tardíos de herpes que axudan a previr futuros brotes.
VALACICLOVIR: encárgase de brotes tardíos, pero un pouco máis intensos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario