Existen moitos tipos de apósitos, e entre os máis importantes e utilizados destacan:
- Carbón: Apósito desodorizante e lixeiramente bactericida.
- Prata: É un apósito bactericida. Solta plata pouco a pouco e vai eliminando microorganismos.
- Alxinato: Hemostásico. Utilízase cando a lesión é sangrante.
- Hidroxel: Humedece a zona. Debe porse tan só, na zona necrótica.
- Fibras coloides: Absorbe líquido e convírteo en xel, de maneira que ainda que se presione sobre a zona, non devolve o líquido.
- Espumas: Absorben líquido, pero ca presión devólveno, por iso adoitanse por como complementos doutros. Xeralmente adoita colocarse encima das fibras coloides.
- Inhibidor MPN: Ponse cando se sospeita dun alto número de metaloproteasas de matriz. De maneira que a lesión está curando axeitadamente e de súpeto deixa de facelo, sin amosar síntomas de inflamación nin de infección.
- Mallas: Reducen a dor. Son apropiadas en queimaduras.
- Hidrocoloides e hidrocoloides finos: Son apósitos destinados na súa maioría á protección da lesión. Non se deben poñer si existe infección.
No hay comentarios:
Publicar un comentario