Os obxetivos fundamentais da vixiancia das enfermidades nosocomiais son a reducción das mesmas e o seu custo. Pra levalo a cabo, debemos:
-En primeiro lugar, facer que o persoal clínico e outros traballadores hospitalarios estean máis conscientes das infeccións nosocomiais e a resistencia ós antimicrobianos, de maneira que aprecien a necesidade da prevención.
-Debemos sinalar a necesidade de crear programas de prevención novos e intensificados, e evaluar o efecto das medidas de prevención.
-É importante sinalar os posibles puntos nos que se pode mellorar na atención dos pacientes e a necesidade de efectuar outros estudos epidemiolóxicos (como por exemplo, os análises dos factores de risco).
A vixiancia é un proceso circular:
1º. EXECUCIÓN DA VIXIANCIA: Definición de metas, recolleita de datos co protocolo de vixilancia.
2º. RETROALIMENTACIÓN E DIVULGACIÓN DE ANÁLISES: Análises, interpretación, comparación e discusión de datos.
3º. PREVENCIÓN: Decisións e medidas correctivas.
4º. EVALUACIÓN DO EFECTO DAS INFECCIÓNS NOSOCOMIAIS POR MEDIO DA VIXIANCIA OU OUTROS ESTUDOS.
E así sucesivamente, de maneira que trala evaluación dos efectos das infeccións nosocomiais, volveríamos ó primeiro punto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario