- A diarrea é o síntoma cardinal, adoita ser acuosa, con moco, verdosa e fedorenta.
- A hipertermia é tamén frecuente e aparece nun 80% dos casos, xeralmente de pouca intensidade.
- A dor abdominal preséntase nun 70% dos pacientes e pode oscilar entre leves cólicos a unha dor intensa similar á dor abdominal aguda.
- A leucocitosis é frecuente e, en ocasións poden observarse reaccións leucemoides con recontos leucocitarios totales arredor de 20.000-40.000/µl.
- No 50% dos casos obsérvanse claras seudomembranas na sygmoidoscopia.
- Excepcionalmente aparecen manifestacións extraintestinais como: artrite séptica, abscesos esplénicos ou bacteriemias.
As complicacións da diarrea por C.D. son pouco frecuentes, pero no caso de que sucedan precisan un tratamento rápido para evitar a súa alta mortalidade, que é dun 68% dos casos, sobre todo na poboación anciá. Entre as complicacións pódense atopar:
- Deshidratación
- Alteracións hidroelectrolíticas
- Acidosis
- Hipotensión
- Shock séptico
- Anasarca hipoalbuminémica grave
- Megacolon tóxico: que tamén adoitan precisar ciruxía con colectomía.
- Perforación do colon: que precisaría tratamento cirúrxico urxente.
O diagnóstico dunha infección por Clostridium Difficile obtense coa demostración da presencia de citotoxinas de C.D. nas mostras fecais. O método de referencia é o test de citotoxicidade da tóxina B en cultivos celulares que son capaces de detectar unha pequena cantidade de toxina nas heces, cunha sensibilidade e especificidade elevadas. Por rapidez e por motivos económicos, o método máis usado é o enzimoinmunoanálise ( ELISA).
É importante en anciáns unha adecuada hidratación e a correción das alteración hidroelectrolíticas. Deben evitarse o uso de axentes antiperistálticos e opioides, xa que favorecen á permanencia das esporas na luz do colon.
No hay comentarios:
Publicar un comentario