Se foi despois do parto, ésta dise que é unha infección nosocomial, e exprésase nun período de 48-72 horas, mentres que no caso de que está xa sea presentado no momento do parto dise que é unha infección maternofetal, e a sintomatoloxía aparecerá antes das 48 horas.
A infección nosocomial en recén nacidos presenta diferentes graos de incidencia, segundo as complicacións producidas durante o parto:
- En partos sin complicacións, a porcentaxe de incidencia é do 1%. Isto débese a que en estos casos o tempo de hospitalización é menor e os neonatos non adoitan requir nigún coidado especial.
- En partos con complicacións, o risco de sufrir unha infección de este tipo pode chegar ata o 50%, debido a que os neonatos requiren coidados especiais e por tanto o seu tempo de ingreso é maior. Reciben tratamentos invasivos, que rompen as barreiras de protección como a pel, por tanto a exposición é maior.
- En recéns nacidos con peso infeior a 1kg a porcentaxe de infectados adoita ser entre 18% e o 45%.
- En recéns nacidos con peso superior a 2kg a porcentaxe descende a parámetros entre un 2% e un 12%.
- Sistema inmune inmaduro.
- Inmunidade pasiva moi escasa, antes das 34 semanas de vida.
- Pel fráxil, e por tanto máis fácil de lesionar.
- Tratamentos invasivos.
- Entorno.
En canto a etioloxía, polo xeral son causados por bacilos gram negativos, gram positivos, enterococos, fungos e virus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario