Unha vez, tomadas as medidas de prevención axeitadas, debemos valorar o estado físico da lesión: as secrecións (escasas , profusas, purulentas, hemorráxicas ou serosa) a dor, os signos de infección local (o exudado purulendo, o mal olor, bordes inflamados, ) a febre.... logo identificar o estadío no que se atopa a úlcera.
Existen catro estadíos:
Estadío I : Tecido arubiado, ruborizado, que non mellora co cambio de posición
Estadío II: Aparecen ampolas na rexión ruborizada.
Estadio III: Apertura da pel, aparición da ferida.
Estadio IV: Evolución da ferida cara o interior.
Logo, procedemos á retirada dos esfácelos, é dicir, á desbridación do tecido necrotizado. E pra isto podemos levar a cabo catro tipos de desbridamento:
DESBRIDAMENTO MECÁNICO: Trátase dunha técnica non selectiva e traumatica. Mediante a irrigación, a presión da ferida ou o uso de apósitos humedecidos, que ó secar pasadas 4- 6 horas adhírense ó tecido necrotizado e son arrancados ca súa retirada. Na actualidade, ésta técnica esta en desuso.
DESBRIDAMENTO CORTANTE: Deberá realizarse por planos e en diferentes sesións (salvo o desbridamento total en quirófano), sempre comezando pola área central. Ante a aparición de dor, é recomendable o uso dun xel analxésico (lidocaína 2%)
DESBRIDAMENTO ENZIMÁTICO: Utilízase cando non existen signos de infección, e utilízanse productos enzimáticos (proteolíticos, fibrinolíticos...) que poden usarse como axentes de detersión química dos tecidos necróticos, por exemplo, a colaxenasa.
DESBRIDAMENTO AUTOLÍTICO: Lávase a cabo pola acción de tres factores: a hidratación da úlcera, a fibrinólise, e a acción das enzimas endóxenas sobre os tecidos desvitalizados.
É a fórma máis selectiva e atraumática para o paciente pero ten unha acción máis lenta.
Logo prodecemos limpeza da lesión, para a cal utilizaremos soro salino. Debemos realizar unha presión de lavado efectivo pra facilitar o arrastre dos detritus, basterias...
Por último colocamos un apósito axeitado. Existen varios tipos de apósitos según as aportacións que necesite cada lesión, e que permita manter de maneira contínua o leito da lesión, mantendo unha humidade e unha temperatura axeitada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario