Cada tipo de infección nosocomial ten unhas manifestacións características que facilitan o seu diagnóstico e posterior tratamento. Algúns dos posibles signos de infección nosocomial son hipertermia, leucocitose e un aumento dos reactantes de fase aguda sen existir infección en pacientes postoperados.
Ante a sospeita dunha infección nosocomial as probas diagnósticas que normalmente se realizan dependendo de cada caso en particular son:
- Hemograma
- Radiografía de tórax
- Hemocultivo ( periférico e das vías centrais)
- Cultivo de aspirado bronquial
- Sedimento e cultivo de urina
- Outros cultivos según a clínica ( secreción de urina cirúrxica, LCR, coprocultivo, etc.)
- En caso de sospeitas de infección nosocomial relacionada con catéter, débese facer un cultivo do orificio de entrada na pel e das conexións.
Co fin de evitar a transmisión das infeccións no ambiente hospitalario, as precaucións estándar deben cumplirse en todo momento e con todos os pacientes.
Tratándose dun paciente infectado, ademáis das precaucións estándar, débense levar a cabo outras precaucións adicionais que son:
- Precaución respiratoria cando a transmisión é aérea por microgotas de menos de 5 micras. Nestes casos débese usar mascarilla, limitar o movemento e o transporte do paciente, o cal debe tamén usar mascarilla se se traslada. Por exemplo no sarampión.
- Precaución de microgotas ou gotas cando a transmisión é por microgotas de máis de 5 micras, como por exemplo na tuberculose.
- Precaución de contacto cando a transmisión é por contacto directo ou indirecto. Nestes casos, a habitación do paciente debe ser individual. Por exemplo en bronquite.
- Precaucións nos casos de infeccións transmitidas por vectores como: cascudas, moscas, mosquitos, formigas,etc. Nestes casos débense tomar medidas de limpeza axeitadas do ambiente hospitalario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario