Métodos: Diseñouse un estudo transversal antes-despois. Os suxeitos en estudo foron os estetoscopios dos médicos e enfermeiros do Servizo de Urxencias. O cultivo realizouse presionando as membranas dos estetoscopios en placas de agar-sangue. De forma aleatoria, seleccionáronse 49 estetoscopios para o estudo antes e despois da súa limpeza con tres axentes antisépticos: alcohol 96º, alcohol propílico e xabón. Analizáronse os microorganismos illados, a proporción de cultivos positivos e negativos antes e despois da limpeza, e realizouse unha enquisa sobre a frecuencia de limpeza do estetoscopio.
Resultados: Examináronse 122 estetoscopios. A maioría deles estaban colonizados por flora habitualmente presente na pel. Tamén se illaron microorganismos potencialmente patóxenos: S. aureus, Acinetobacter sp. e Enterobacter agglomeraus. O producto de limpeza máis efectivo foi o alcohol propílico. Ao analizar os hábitos de limpeza, o 45% deles limparon os seus estetoscopios anualmente ou nunca e só un 35% o limpou mensualmente.
Conclusión: As membranas dos estetoscopios empregados polos médicos e enfermeiros do servizo de urxencias están colonizados por bacterias. Aínda que non estudiamos a colonización da pel dos pacientes hospitalizados, este estudo pode ter implicacións clínicas relevantes. O illamento de microorganismos potencialmente patóxenos suxire que o estetoscopio debe ser considerado como un vector da infección nosocomial non só en urxencias senón tamén no resto do hospital.
No hay comentarios:
Publicar un comentario