Os guantes constitúen unha medida de protección cuxo uso se xeralizou no medio sanitario a partir da década dos 80 coa implantación das precaucións universais, pero a utilización inadecuada ou indiscriminada dos mesmos conleva riscos, tanto para os pacientes como para o persoal, que poden reducir ou eliminar o seu efecto protector.
RAZÓNS PARA USAR GUANTES
-Son unha barreira protectora para previr a contaminación das mans cando se toca sangue, fluidos corporais (excepto o súor), secrecións, membranas mucosas e pel non intacta (erosións, eczemas, etc.).
-Empréganse para reducir a probabilidade de que os microorganismos presentes nas mans do persoal se transmitan aos pacientes durante os procedementos invasivos (catéteres vasculares centrais e periféricos, catéteres vesicais, etc.).
-Os guantes empréganse para reducir a probabilidade de que as mans do persoal sanitario contaminadas con microorganismos dun paciente poidan transmitilos a outros pacientes (infeccións cruzadas. Ex.: pacientes colonizados con bacterias multirresistentes ou calquera outro tipo de illamento de contacto).
No hay comentarios:
Publicar un comentario