Afecta a persoas de todas as idades e é transmitido por alimentos contaminados por augas fecais e polo contacto persoa a persoa. Os brotes de Norovirus adoitan darse en comunidades pechadas e semipechadas, como por exemplo os hoteis, hospitais, crucerios, restaurantes, etc... donde unha vez que o virus foi introducido, a infeción transmítese con moita rapidez, polo xeral pos consumir alimentos contaminados co Norovirus, por tocar supeficies ou obxectos contaminados e logo levar as mans a boca ou o tocar a persoas xa infetadas.
Esta infeción tamén se coñece co nome de "intoxicación alimenticia" ou "gripe estomacal", pois o Norovirus adoita afectar o estómago e os intestinos causando a enfermidade coñecida como gastrointerite.
Os SÍNTOMAS máis comúns son:
- diarré
- vómito
- naúseas
- cólicos estomacais
- febre baixa
- calafríos
- dor de cabeza
- dores musculares
- sensación de cansanzo
Contra este tipo de infecíón non hai ningún tipo de vacina que axude a previr o seu desenvolvento, nin tampouco medicamento, posto que os antibióticos só combaten bacterias non virus. A mellor maneira de previr a sua aparición é:
- Practicando unha adecuada hixene de mans.
-Practicar medidas de precaución nas cociñas.
-Non preparar alimentos cando se teña a infeción.
-Limpar e desinfectar as superficies contaminadas.
-Lavar ben a roupa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario