Entre as xeralidades cursan: unha etioloxía infecciosa diferente, un cadro clínico atípico, inespecífico e ausente, unha lenta resposta ó tratamemto, unha evolución tórpida, unha elevada morbi-mortalidade, e reaccións adversas medicamentosas.
Entre as infeccións máis comúns en anciáns atopamos:
- Partes brandas: Erispelas, úlceras por presión e feridas cirurxicas, linfanxite.
-Boca: Periodontite, caries, candidiase.
-Tracto urinario: Cistite, pielonefrite, abscesos.
-Tracto respiratorio: Neumonias, tuberculose, reactivación EPOC (enfermidade pulmonar obstructiva crónica).
-Osteoarticulares: Artrite, osteomielite (as fracturas condicionan infección).
-Endocardite, tromboflebite, endarterite.
-Septicemia, shock séptico.
-Intraabdominais: Apendicite, peritonite, colanxite, diverticulite, abscesos.
-Anexos cutáneos: Dermato e onicomicose.
-Virais: Gripe, heroes zoster.
Nos servizos xeriátricos intentan reducir este tipo de infecciós nos pacientes da terceira idade procurando estancias medias de hospitalización (pois canto menor sexa a estancia hospitalaria menos risco teñen de adquirir unha infección nosocomial) e unha atención máis completa, que xunto coa rapidez na detección do xerme conseguen reducir considerablemente a incidencia destas enfermidades.
A parte destas medidas tamen debemos ter en conta a prevención con vacinas, co inicio temperán da antibioticoterápia empírica, específica (e parenteral si fose necesario) , ca estreita vixiancia das interaccións medicamentosas e reaccións adversas que se poidan procudir debido á polifarmacoterapia á que adoitan estar sometidos estos pacientes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario