Nas habitacións con máis dunha cama, illamos cada unidade mediante unhas cortinas ou biombos para asegurar a intimidade de cada un.
As habitacións individuais, débense preservar para os illamentos dos pacientes que o precisen, por risco de contaxio, por risco de ser infectado facilmente (pacientes inmunodeprimidos), ou por algún tipo de trastorno psíquico que represente perigo para o resto dos pacientes.
As unidades do paciente deben cumplir todas cunha serie de características
- O numero de camas non será maior de catro por habitación, dispoñendo dun metro como mínino de distancia entre as camas para facilitar a atención ó paciente tanto dende os laterais como dende os pés da cama.
- Ser o suficientemente amplas para poder realizar as tarefas de limpeza e desinfección con facilidade.
- Deben dispor de tomas de osíxeno e sistemas de vacío fixos na cabeceira da cama de cada paciente.
- Un sistema de comunicacíón co control de enfermaría inmediato, o timbre.
- Ter unha luz e ventilación axeitadas.
- Posuír un aseo completo por habitación, cunha porta de fácil acceso,provisto dun timbre. O aseo estará adaptado para que pacientes con discapacidades físicas poidan desenvolver as súas actividades de hixiene da maneira máis autónoma posible.
O entorno no que se atopa o paciente, resulta bastante importante en canto á resposta ó tratamento, por iso polo xeral, as habitacións deben ser espazosas, tranquilas, soleadas, deben estar limpas e ordeadas, para que os nosos pacientes se atopen o máis cómodos posibles durante a súa estancia hospitalaria.
Gustame moito o voso blog. Noraboa a tod@s
ResponderEliminar